otri
ERP Hgpyme ® - Software Open source gestión ERP Advertisement
Inicio arrow Noticias y Descargas arrow Noticias arrow Premio APPLUS á excelencia empresarial
domingo, 05 de septiembre de 2010
 
 
Premio APPLUS á excelencia empresarial PDF Imprimir E-Mail

 

Image

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O premio Applus á excelencia empresarial naceu no ano 1996 co obxectivo de distinguir ás organizacións de calquera sector radicadas en Galicia e Norte de Portugal, que destaquen na aplicación dos principios de excelencia e innovación.

Nesta XII edición, as bases contemplaban a aliñación estrita cos criterios do modelo EFQM e participaron organizacións empresariais, grandes e pequenas empresas que recibiron a visita previa dun avaliador, estando o xurado constituído por membros da Aministración, Asociacións Empresariais, Universidades da Eurorexión Atlántica, Organismos vencellados á calidade, e empresas gañadoras da anterior edición.

ITG e o seu departamento de desenvolvemento de software recibiron o recoñecemento á súa excelencia empresarial recibindo unha mención que tan só foi acadada por outros seis aspirantes ó premio. Este feito confirma o compromiso da nosa entidade coa excelencia e a continuidade de dito esforzo tras converternos recentemente no primeiro centro tecnolóxico privado en certificar o seu sistema de I+D+i conforme ó referencial UNE 166002.

O dictame do xurando foi o seguinte: 

Gañadores

  • Categoría de grande empresa: Grupo Antolín-Vigo S.L.
  • Categoría de PEME: Muebles Hermida S.A.
  • Categoría de organización non empresarial: CESGA

 

 

Recoñecemento á excelencia nivel compromiso (400-500 puntos)

  • Categoría de grande empresa: Cespa S.L. y G.S.B. Galfor S.A.
  • Categoría de PEME: Frulact SGPS, Mecanizados Rodríguez Fernández S.L.R, Tórculo Artes Gráficas S.A.
  • Categoría de organización non empresarial: INSTITUTO TECNOLÓGICO DE GALICIA - ITG

 

Recoñecemento á excelencia nivel lanzamento (300-400 puntos):

  • 18 organizacións

 

Camino a la excelencia (200-300 puntos):

  • 13 organizacións

 

 

 


Consúltenos sus necesidades concretas sin compromiso en Esta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla  y 981 173 206 
Consulte todas las noticias en listado noticias hgpyme


 
< Anterior   Siguiente >
 
Top!
© 2010 ERP Hgpyme ® - Software Open source gestión ERP
Top!